As campás da igrexa parroquial de Viloira (O Barco) repinicaban no mediodía deste 11 de novembro, no que esta localidade celebra o seu patrón: San Martiño. Anunciaban o inicio da procesión. A imaxe deste santo saía a partir das 12h., acompañada da veciñanza. Tras percorrer a praza Ramón Otero Pedrayo, a comitiva relixiosa regresaba ao templo, onde se oficiaba a eucaristía, presidida polo párroco de Viloira Javier Calvo.
Pola tarde, está previsto que a praza de Viloira acolla, a partir das 19h., o seu tradicional Magosto, neste caso promovido dende o Concello do Barco.
Fotos: A.R.