CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Viloira (O Barco) prepárase para celebrar o ‘Birra e Rock Fest’, os días 18 e 19 de xullo

Mrs. Fine nunha actuación no Barco./ Foto: A.R.

 

Comeza a conta atrás para o ‘Birra e Rock Fest’ que se celebrará na localidade barquense de Viloira os días 18 e 19 de xullo.

Da man da Asociación de Veciños de Viloira, coa colaboración de AMAVA e Mahou, trátase dunha cita que mestura a música en directo con bebida e comida. Con entrada de balde, no aparcadoiro que hai detrás da Casa Grande, o programa contará coas actuacións de Gallego Comun, Fuss, Green Angels, Amadeo Dj, Martiño, El Patio de Leni, Mrs. Fine, Navegando a Barlovento e Dj Isra.

 

Back to top button