DeportesÚltima hora

Vinte metais para o Adas do Barco no Campionato galego Sub10, Sub12 e Sub14

 

Festival de medallas para o Club Adas Cupa do Barco no Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 en pita que se celebraba na xornada de onte, domingo, en Lugo. Os seus atletas colleitaba un total de vinte metais en diferentes modalidades e categorías.

Así Aarón Pérez colleitaba dous ouros nas distancias de 80m e 150 m, José Hervella facíase co título de campión galego en 1.000m, David García era bronce en altura, Andrés Álvarez bronce en onxitude e ouro en pelota, Javier Cid ouro en martelo, Nicolás Eduard ouro en pelota 200 gramos, Martinho Vilela bronce en 2000 m marcha, Mateo Valcarce prata nos 3.000 m marcha. Ademais en categoría masculina o Adas colleitaba tres títulos galegos nos relevos: no 4×80 m cun equipo formado por Mateo Valcarce, Xoel Pungín, Saúl Crespo e Aarón Pérez, no 4×50 m da man de Yoel Blanco, David Gacía, Kevin Giménez e Leyer López e no 4×60 m con Andrés Álvarez, Álvaro Catarino, Lucas García e José Hervella.

No referido ás categorías femininas Paula Crespo era ouro nos 50 m, Nicoll Sánchez bronce nos 1.000 m obstáculos, Carlota Alejandre prata en altura, Aitana Alejandre prata en lonxitude, Lía Vázquez bronce en lonxitude, Irina Sánchez prata en pelota 200 gramos e prata no 4×50 feminino cun equipo integrado por Carlota Alejandre, Paula Crespo, Aitana Fernández e Lía Vázquez.

Fotos: FGA.

 

Back to top button