A RúaConcellosÚltima hora

Virulento incendio nunha construción auxiliar no centro da Rúa Vella

 

Tremendo susto levaban os veciños da Rúa Vella na mañá deste luns 6 de xullo cando, arredor das 11:30 horas, comezaban a ver unha gran fumareira saíndo do centro da vila.

Tratábase dunha construción auxiliar (un alpendre) en Fondareas, rodeada de casas, na que se producía un virulento incendio que facía perigar as vivendas colindantes polo que os veciños intentaban axudar nos labores de extinción.

A parte dos bombeiros do parque comarcal, achegábase ata o lugar a Policía Local, o GES Valdeorras, voluntarios de Protección Civil e a Garda Civil.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button