CulturaCulturaÚltima hora

Visita adiantada dos Reis Magos, no Barco de Valdeorras

 

Faltan case tres semanas para a súa noite pero os Reis Magos adiantaban a súa visita ao Barco de Valdeorras para saudar e recoller as cartas do alumnado do Colexio Divina Pastora.

É unha das actividades coas que o centro escolar celebra o Nadal e, igual que onte Papá Noel, na mañá deste venres 19 de decembro, despois de estar cos nenos, Melchor, Gaspar e Baltasar daban unha volta pola vila, facendo parada na Churrería A General para tomar un café con churros.

 

 

Back to top button