OurenseÚltima hora

Visita da directora xeral de Administración Local ao Concello de Cortegada

 

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaba hoxe a Casa do Concello de Cortegada, onde se instalou un ascensor cunha achega da Xunta de 40.000 euros no marco da orde de infraestruturas de uso público. O obxectivo da medida é garantir a accesibilidade da cidadanía ás dependencias do primeiro andar do edificio consistorial.

Visitou tamén o pavillón municipal, no que se mellorou a eficiencia enerxética grazas á substitución da cuberta por outra con mellor illamento e das luminarias por outras de tecnoloxía led. O Goberno galego investiu preto de 108.000 euros nesta actuación a prol do confort e do aforro, a través do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local.

Ao abeiro desta mesma liña de acción, Cortegada recibiu a maiores 29.000 euros para equipamentos destinados ao servizo de abastecemento de auga e outros 46.000 para a instalación de contadores para o depósito de Carballal e a mellora da rede de abastecemento na rúa Fermín Bouza Brey.
O investimento do Goberno galego nos últimos anos en Cortegada a través das liñas específicas de apoio ao eido local suman preto de 1,2 millóns de euros. A Xunta destinou en 2023 máis de 27,2 millóns de euros para a execución de máis de 600 proxectos municipais.

Nesta contía inclúense 3,5M€ da Orde de infraestruturas de uso público para apoiar máis dun cento de entidades locais de menos de 30.000 habitantes. Ourense foi a provincia cun maior número de concellos beneficiarios cun total de 31 que suman axudas por máis de 1 millón de euros
Por outra banda, destináronse máis de 8,2M€ ao Fondo de Compensación Ambiental para mellora da contorna natural de máis de 200 concellos (93 da liña competitiva á que concorren todos os concellos e 119 á non competitiva por contar con parques eólicos). A meirande dos 93 concellos beneficiados na liña competitiva son da provincia de Ourense, con 40 proxectos que suman un investimento de 1 millón de euros.

Os 15,6M€ restantes correspóndense co fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para 257 proxectos de mellora de eficiencia enerxética en edificios públicos, compra de equipamento para servizos municipais e modernización das redes de abastecemento en concellos de menos de 15.000 habitantes. Dos 257 concellos beneficiarios das tres liñas de axudas en toda Galicia, 88 son da provincia de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button