
A Fundacion Juan Soñador de Ourense, con 40 usuarios e catro monitoras, visitaban nesta fin de semana a Casa do Chocolate de Teimende (Parada de Sil). Esta actividade enmárcase no proxecto que foi subvencionado pola Direccion Xeral de Cultura de Galicia e o Concello de Parada de Sil para facilitar e promocionar o acceso á cultura a todas as persoas.
A visita comezaba coa benvida a Parada de Sil, por parte do seu alcalde, Aquilino Domínguez. Despois, Rosa Casares daba paso á visita guiada e o evento concluía cunha taza de chocolate con galleta personaliza da Casa do Chocolate.
Fotos cedidas.