Coa tradicional petición de permiso en verso comezaba a visita que na pasada fin de semana realizaba o Folión Os Labregos de Trives a Vilariño de Conso. Na praza da vila, un representante trivés adiántabase ao seu folión e formulaba a petición, ante os Boteiros de Vilariño, dicindo o seguinte:
Moi boas tardes a todos
veciños de Vilariño
vou dicir unhas palabras
será solo un momentiño.
Antes de seguir falando,
gracias pola invitación
para nós é un honor
vir tocar aquí o folión.
Aínque que nos asusta un pouco
porque sodes os mellores.
Non hai folión como o voso
en todos os arredores.
Na súa intervención, tamén convidaba ao Asociación Xuntos polo Fulión ao encontro de folións previsto para o día 4 de febreiro en Trives e, finalmente, pedía expresamente o permiso para poder tocar.
Pedimos agora o permiso
para empezar a tocar
e recorrer co folión
as calles deste lugar.
Os bombos están tensados
preparados nós xa estamos
así que cando digades
volvo ao sitio e arrancamos.
A resposta dun dos Boteiros de Vilariño non se facía esperar, tras facer soar o seu cinto de esquilas.
O permiso xa o tedes
non volo podemos negar
e cando queirades
podéis empezar a tocar.
A partir de aí comezaba a ronda do Folión dos Labregos por Vilariño, unha visita que terá a súa resposta dentro dunha semana co xa citado encontro de folións en Trives. Ademais, na pasada fin de semana Os Labregos tamén tocaba na xuntanza de Petín.
Fotos cedidas.