OurenseÚltima hora

Visita do presidente da CHMS ás obras de restauración e mellora de marxes do río Edo no Castro Caldelas

A inversión prevista estímase en 1.530.000 euros e a súa finalización prevese para o vindeiro mes de decembro

 

José Antonio Quiroga, presidente a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa do Castro Caldelas, Sara Inés Vega, visitan a boa marcha das obras de restauración e mellora de márxes do río Edo ao seu paso por este municipio ourensán.

Os traballos consisten na restauración ambiental da marxe dereita do mediante técnicas de bioinxeniería e no acondicionamento da área recreativa para a súa valorización, uso e gozo da cidadanía; incluíndo ademais, a demolición da actual zona de bañou e a ejecución a mesma, nunha nova ubicación, fóra da zona inundable.
“Son actuacións que contemplan a naturalización do río Edo e da marxe dereita do regato Ferreiros e, tamén, a execución dun novo acceso á canle”, dicía o presidente da confederación, José Antonio Quiroga.

“É importante destacar que a solución proposta cumpre cos requisitos esixidos por Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e coa normativa vixente en materia de augas, e enmárcase na política de colaboración institucional e man tendida entre Administracións”, concluía Quiroga.

O conxunto de actuacións supoñen unha inversión de 1.530.000€ e estímase a súa finalización para decembro de 2026.

 

Back to top button