SanidadeÚltima hora

Visita dos Reis Magos aos ingresados no Hospital de Ourense dende a cesta do camión dos bombeiros

 

Na mañá deste xoves 6 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar visitaban ás persoas ingresadas no Hospital Universitario de Ourense e facíano dun xeito moi orixinal. Saudábanos desde a cesta do camión dos bombeiros, que se situaba na explanada exterior do novo edificio.

Así, os bombeiros axudaron ás súas maxestades a acceder ao edificio, utilizando a espectacular escaleira do camión do servizo municipal, e a dar os regalos e transmitirlles ánimos, cos seus desexos dunha pronta recuperación

Despois visitaban aos nenos e nenas que están ingresados no hospital materno infantil, desta volta nas súas habitacións.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button