CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Visita do Fulión de Langullo a Borruga e Cubeiros

Precedido polas Mázcaras, o Fulión de Langullo chegaba a Cubeiros (Manzaneda) na tarde do Sábado de Entroido, devolvendo así a visita recibida no pasado ano. Solicitaban en verso o permiso, e tras o plácet do pobo visitado, a corna daba o aviso e comezaba a soar o toque característico desta zona de Manzaneda e as Mázcaras executaban unha singular danza.

O fulión percorría a localidade e, tras un pequeno parón no que eran agasallados con bebida e doces polos veciños, a ronda continuaba polo veciño Cubeiros.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button