Visita guiada á Adega da Corga en Trives o 17 de agosto
14 de Agosto de 2018
Forma parte do programa de actividades culturais que organiza neste verán a Oficina de Turismo trivesaCartel da actividade.
Continúan as propostas enoturísticas no verán de Trives. O vindeiro venres 17 de agosto chega outra nova visita guiada organizada dende a Oficina de Turismo da vila. Desta volta os asistentes poderán coñecer a Adega da Corga e catar os seus viños. “Seguimos dando a coñecer os caldos da noza zona e así intentar poñer en valor cada día máis a nosa identidade”, adiantan dende o Concello de Trives.
O punto de encontro dos participantes será a Oficina de Turismo, no Edificio Santa Leonor. Dende alí partirase á Adega da Corga ás 11:30 da mañá. Para máis información e para anotarse as persoas interesadas deben dirixirse á oficina de turismo (988 330967).
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.