
No marco das actividades que organiza o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense terá lugar o vindeiro 19 de setembro unha visita guiada ao campamento militar romano de Aquae Querquennae (Bande), da man do director das escavacións neste xacemento, o valdeorrés Santiago Ferrer Sierra.
A visita é de balde e o autobús sairá ás 15:30h. dende Xoán XXIII (tras da Subdelegación do Goberno). Para unha hora despois está prevista a visita ao campamento e ás 18h. o inicio da viaxe de regreso a Ourense.
As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 988 788 439 ou a mapou@xunta.es
