OurenseÚltima hora

Visita terapéutica dun grupo de internos do cárcere de Pereiro a Parada de Sil

Cedida.

 

Un grupo de internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar facían unha visita terapéutica a Parada de Sil. Nela puideron desfrutar da paisaxe deste municipio da Ribeira Sacra dende lugares como os  Balcons de Madrid, pero tamén se achegaron á súa cultura e patrimonio, por exemplo, visitando a Casa Museo do Chocolate

Estiveron acompañados todo o dia dun grupo de funcionarios. Entre eles estaba o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que tamén é funcionario do cárcere. Despois dunha fraternal comida nun dos restaurantes de Parada retornaron ao seu centro.

Artigos relacionados

Back to top button