Na tarde deste luns 5 de xaneiro chegaba o momento máis esperado do ano polos cativos que servía tamén para pechar as festas de Nadal na Pobra de Trives.
En torno ás seis da tarde e tal como estaba previsto, Os Reis Magos de Oriente chegaban ás terras de Trives repartindo moita maxia, facíano en tractor e tras a recepción dende o balcón do Concello, percorrían as rúas con lanzamento de caramelos e música, chegando ata o auditorio Xulio Vázquez onde recibían aos cativos.
Fotos e vídeo: Rosa/ Codifoto.