EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“Vitis Lumen” nova ruta vitícola, o 8 de agosto en Larouco

O día 7 Lucía Pérez dará un concerto dentro da súa xira "20 Aniversario"

Lucía Pérez anunciando a festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa o anunciara a propia cantante na Festa do Cordeiro celebrada en abril: Lucía Pérez formará parte dunha festa moi especial que se celebrará o vindeiro venres 7 de agosto en Larouco. “A nosa noite” arrincará ás 21:30 horas cunha paellada e xa cara as 23 horas actuará Lucía Pérez coa súa banda dentro da súa xira “20 Aniversario”, rematando a noite co Escola de Baile Tropicalia e Dj.

Con todo, o prato forte da fin de semana será o sábado 8 de agosto coa I ruta vitícola “Vitis Lumen Larovco” a partir das 18:30 horas, con campamento infantil para nenos de 5 a 11 anos na que participa a Asociación Sempre Larouco.

 

 

Trátase dun percorrido entre viños, con cinco paradas para saborear Galicia “descubrindo os produtos galegos de calidade diferenciada”. Haberá degustación de produtos cárnicos (chourizo, salchichón e xamoón curado de Porco Celta co selo de Artesanía Alimentaria con pan da IXP Pan de Cea e IXP Pan Galego; Queixos e meles premiados das catas de Galicia cos distintivos de DOP Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, Cebreiro, San Simón da Costa, IXP Mel de Galicia; petiscos das carnes da IXP Ternera Gallega con pementos do DOP Pementos de Herbón; Empanada de Lacón galego e IXP Grelos de Galicia; e xeado artesano de amorodo con arandos, sen glute e sen lactosa, requeixo con marmelada, acompañados con galleta.

O prezo da ruta custa 20 euros e poden mercarse no Concello de Larouco, no Bar Larouco, no Bar Casa de Papel, no Bar Piscinas Larouco, na Panadería O Noso Capricho, no Taller Aluminios Luis A Rúa), no Repsol Activa Butano (A Rúa) e tamén online en vitislumen.concellolarouco.es.

 

 

Back to top button