OpiniónPolíticaÚltima hora

Vodas de prata no goberno local

Carta ao director do barquense Eduardo Ojea Arias

Casa do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Cando pasan 25 anos sin ningunha interrupción en calquera faceta da vida é motivo de recoñecemento e ledicia. Esas vodas de prata, non só son referidas a vida en común dunha parella, senón que pode referirse a unha asociación, a un club, a unha festa gastronómica é dicir a infinidade de casuística posible que cumpran 25 anos de antigüidade.

Mención especial é cando esa celebración é o resultado dun apoio continuo dos veciños/as logo de distintas eleccións municipais. Ista situación estase a dar no Barco de Valdeorras, con goberno do PSOE encabezado dende o primeiro día por Alfredo García. Mais, para chegar aí non todo foi doado, habendo momentos bos e outros non tanto. Facendo unha visión no tempo, chegamos ao ano 1999, daquela o noso partido tamén tiña unha crise e no Barco xurdiron dúas opcións para a candidatura socialista a Alcaldía. Logo de moito debate, a aposta foi por Alfredo e o seu grupo. ¿Que pasaría no Barco si o candidato non fose Alfredo? ¿Como sería o desenrolo do Barco nestes 25 anos? ¿Que prioridades terían os outros xestores? Iso nunca se saberá, mais ata o de agora os veciños/as confiaron na capacidade deste grupo e deste alcalde ao longo deste carto de século.

Un proxecto desenrolase no tempo, con ideas, ilusión, traballo, empatía e sobor de todo cos pés no chan, considerando o ben común como única referencia ideolóxica. Para conseguilo foi necesaria a participación activa de moitos dos veciños e veciñas de O Barco. Dende o inicio contou co apoio unánime por parte de militantes e simpatizantes que consideraron que era necesario un cambio de rumbo do PSOE local.

Moitos daqueles xa non están con nós, mais deixaron a súa pegada no posterior desenrolo de O Barco como cidade. Veciños como Luciano Rivera, Victorino, Manolo Abelaira, Giordano Villar,Jose Pin (Valencia), Luis (Sastre), Eladio (Kirby), Alfonso e Carlos Moral, Vega, Sr Angel Martínez , Antonio Tapia e moitos outros que puxeron o seu gran de area para chegar ao ano 2024.

 

O barquense Eduardo Ojea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Todos estes compañeiros, colaboraron para que aquel grupo descoñecido para a maioría, a través dun porta a porta necesario e esgotador, fose coñecido e máis tarde apoiado por un número elevado da xente. A día de hoxe , xa ninguén dubida , que aqueles políticos descoñecidos, cumpriron a súa promesa orixinal, “Só prometemos traballo”, dicía Alfredo en cada casa, en cada praza ou en calquera pobo ao que se iba.

Ao longo destes 25 anos, pasaron polo Concello, moitos compañeiros/as socialistas, todos co fin de colaborar nese proxecto tan extenso, facendo que os veciños/as viran mellorada a súa vida, e mantendo a aposta que no ano 1999, se pactou entre todos , que a calidade de vida dos barquenses, se manteña e se mellore no tempo.

O primeiro impulso non foi doado, eramos 7 concelleiros, aquí inclúo a Luis o Cuca que inda que non ía con nós, era e é dos socialistas máis comprometidos, e sin animo de confundirme un dos mellores concelleiros que pasou polo Barco. A inexperiencia daquel grupo, incluído Alfredo, foi compensado con moito traballo, dedicación e saber estar. A partires do primeiro ano xa fomos quen de convencer ata os máis escépticos que nos bares de referencia dicían, que “ en Xaneiro xa ides fora.”

Non foi así , e a creación dun equipo moi homoxéneo foi o alicerce para que este grupo se mantivera, non é unha novidade que a convivencia de xente diversa non é doada, mais un grupo compacto facilita as relacións no tempo, ese é o único segredo ata o de agora, segundo a miña opinión. Alfredo, Manu, Josefina, Miguel, Jose María, Luis e eu mesmo, tivemos a importancia de ser os pioneiros, mais lexislatura a lexislatura o apoio veciñal se mantivo a pesares dos cambios, xa que o proxecto convenceu e esa confianza por parte dos veciños se mantén ata hoxe. É de lei o meu recoñecemento a Lolo Docampo e Eduardo Gómez, polo importancia que tiveron para sacar adiante esa primeira lexislatura.

Nestas vodas de prata do goberno socialista encabezado sempre por Alfredo García, gustaríame recordar a concelleiros que xa non están con nós. Un abrazo para Luis Ramos e Julín Fernandez , no lugar onde se atopen, e grazas polo bo traballo feito en vida para todos os vosos veciños.

Un abrazo de todos nós a Josefina, a nosa entrañable e querida Noli, nunca te esquecemos, un bico colectivo, polo teu traballo, honestidade. talante e integridade.

Miguel Nieto, Macu, Fuertes, Martín,Natalia, Irene, Mercedes, Begoña, Suso, Cristina, Lalo, Diana, Marga, Alicia, Orlando e Alba formaron e forman parte deste grupo das distintas lexislaturas, e polo tanto teñen a súa importancia neste proxecto colectivo.

Para rematar quixera dicir, que ao longo dos últimos 25 anos todos os concelleiros/as que tivemos a honra de formar parte do grupo socialista no Concello do Barco, o fixemos con honestidade e dedicación, coa premisa de que todos os veciños/as son iguais e polo tanto todos deben ser tratados igual, tamén coa consideración de que os dereitos e deberes sempre son colectivos, e que a mellora da calidade de vida de todos e o único legado que se pode deixar para o futuro.

As vodas de ouro, xa nos caen lonxe, mais o ben feito sempre perdura , e Alfredo, Miguel e Tino como únicos supervivintes políticos que aquel 1999 , teñen a encomenda de que o proxecto continúe mellorando.

Texto: Eduardo Ojea Arias.

Artigos relacionados

Back to top button