Un grupo de voluntarios vén de recoller o lixo que se vai acumulando no tramo do Camiño de Inverno situado tras cruzar a ponte da desembocadura do río Mariñán no Barco e a depuradora. Din que xuntaron ese lixo e que están á espera de que o Concello proceda á súa retirada do lugar.
Fotos cedidas.