EconomíaEconomíaÚltima hora

Volve a locomotora de castañas do Barco Centro Comercial Aberto

Na campaña, que se celebrará o venres 17 e o sábado 18 de outubro na praza do Concello, a asociación intercambiará tíckets de compra por cornetes de castañas asadas

 

Magosto do CCA O Barco o ano pasado./ Foto A.R.

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra un ano máis a campaña Magosto Obarcoaberto. Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva.

A campaña consiste na instalación dunha locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tickets de compra mínima de 5€ dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase  o venres 17 de outubro, de 10:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30 horas; e o sábado 18 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas.

Os clientes só poderán entregar tickets actuais, é dicir, de compras realizadas eses dous días durante a celebración da campaña, e poderán presentar como máximo dous tickets por día.

 

Back to top button