En portadaÚltima horaVídeos

Volve desbordarse con forza o río Leira ao seu paso pola Rodeleira, en Vilamartín de Valdeorras

 

Era visto. Unha vez máis e desta volta con moitísima forza, na mañá deste domingo 15 de novembro o río Leira volvía desbordarse na zona da Rodeleira, en Vilamartín de Valdeorras.

 

 

Tal como pode verse nestes vídeos cedidos, a forte e continuada chuvia caída durante a noite e ao longo da mañá, volvía coller forza na zona alta da montaña, arrasada primeiro polo lume e despois polas talas, arrastrando lama, pedras e troncos ao seu paso ata a súa desenvocadura no Sil.

 

 

O parque quedaba totalmente cuberto e tamén as rúas cos coches aparcados.

 

Back to top button