EconomíaEconomíaÚltima hora

Volve o “Magosto Obarcoaberto” coa locomotora de castañas asadas, os días 16 e 17 de outubro na praza do Concello

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra un ano máis a campaña “Magosto Obarcoaberto”. Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva.

A campaña consiste na instalación dunha locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis, durante dous días: o venres 16 de outubro, de 11 a 13:30 horas e de 18:30 a 20:30 horas; e o sábado 17, de 11 a 13:30 horas.

 

 

Os clientes só poderán entregar tickets de compras realizadas eses dous días durante a celebración da campaña, e poderán presentar como máximo dous tíckets por día.

Ademais, o vindeiro venres 16 de outubro contarase tamén coa presenza da campaña “Comercio COM-PENSA”, impulsada pola Xunta de Galicia e Comercio Galego. Instalarase unha carpa informativa na praza do Concello para fomentar as compras no comercio de proximidade e a sostibilidade, repartindo bolsas de tea reutilizables a cambio de tíckets de compra dos establecementos asociados realizadas ese mesmo día.

 

 

Deste xeito, únense iniciativas para encher as rúas de ambiente e impulsar as compras nos nosos negocios locais.

Back to top button