EconomíaEconomíaÚltima hora

Volve o Minichef Obarcoaberto para converter aos máis pequenos en cociñeiros por un día

Será o venres 25 de setembro, a partir das 18 horas, no pavillón vello do Barco

Minichef o ano pasado./ Foto: A.R.

 

Tras o éxito das anteriores edicións, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco organiza de novo o Minichef Obarcoaberto, dirixido a un público familiar e infantil no que os máis pequenos da casa se converten en cociñeiros por un día.

A campaña que se celebrará o venres 25 de setembro, a partir das 18 horas, no pavillón vello do Barco de Valdeorras, propón a elaboración, en directo, de dúas receitas de cociña, unha salgada: tacos de diferentes recheos e unha doce: torta primavera, que os participantes se levarán á súa casa. Darlene Dobao e Yolanda Anta, de Pastelería A Casiña, serán as responsables de guiar aos minichefs, que contarán coa axuda da súa nai, pai ou titor/a durante a elaboración. A todos os participantes entregaráselles un mandil e todo o material e ingredientes necesarios para a elaboración de ambas as receitas.

As inscricións para a actividade realizaranse en Autoescuela Valdeorras ou na oficina do centro comercial aberto (Avda. de Galicia, 32- oficina nº1 (Viveiro de empresas) do día 21 ata o 24 de setembro en horario de 16 a 20, presentando un ticket de compra ou consumición dos establecementos asociados por importe de mínimo de 10 euros (con datas do 21 ao 24 de setembro). O aforo será limitado e os menores participantes, de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, deberán estar acompañados en todo momento da súa nai, pai ou titor/a.

 

Back to top button