
Xa están á venda, nas oficinas do Concello de Petín, as entradas para a XXIV Festa da Freba, que se celebrará o vindeiro 6 de decembro.
As prazas son limitadas e poderán mercarse (23 euros) en horario de oficina (de 9 a 14 horas) ata completar aforo. A partir de 6 persoas pódese reservar mesa.
A tradicional festa gastronómica de Petín celebrarase a partir das 14:30 horas en torno a un suculento menú: de primeiro consomé; de segundo chourizos con cachelos e verdura; e como prato forte a freba de porco á grella; ademais de postre, café e licores.
