ConcellosO BarcoÚltima hora

Xa están no Barco os alumnos italianos e romaneses que participan no intercambio escolar co IES Lauro Olmo

 

Na mañás deste luns 26 de xaneiro, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, e a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Alba Rodríguez, recibían no Salón de Actos do Concello aos estudantes italianos e rumanos que este ano están a participar no programa de intercambio escolar posto en marcha polo IES Lauro Olmo.

Nesta ocasión son 10 alumnos e dous profesores do Liceo Rosa Gianturco (Potenza, Italia) e outros 10 alumnos e 2 profesores do Colegiul Național Pedagogic Mircea Scarlat (Alexandria, Romanía). O instituto italiano é o mesmo co que o IES Lauro Olmo leva facendo o intercambio os últimos anos, sendo este o terceiro curso consecutivo.

 

 

Durante a semana de duración do intercambio, os estudiantes contan cun amplo programa de actividades para coñecer O Barco e Valdeorras, así como os seus costumes. O alcalde deulles a benvida desexando a alumnos e profesores que desfruten da súa estadía netas terras.

Nas próximas semanas, serán estudantes do Barco os que se trasladen tanto a Italia como a Romanía para vivir unha semana de intercambio.

Fotos cedidas.

Back to top button