Este 2025 está sendo un ano de xubilacións, no ámbito sanitario e tamen educativo. No segundo se move Xaquín Pérez Fernández, profesor no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras que vén de xubilarse.
Antes de rematar as clases despedíase no instituto nun emotivo acto cos alumnos e, no mediodía do xoves 26 de xuño facíao na Rúa, nun xantar con compañeiros e amigos que celebraban na Adega do Peyma, en Fontei.
Xaquín levaba dende 1999 no Lauro Olmo onde ocupou diferentes postos. Profesor de Matemáticas, foi titor e Xefe de Estudos durante máis dunha década. “Un gran compañeiro que traballou moito polo centro, sempre disposto a botar unha man”, asegura a directora do instituto, Amparo Quiroga.
Tras décadas adicadas en corpo e alma á docencia, comeza agora unha nova etapa.
Fotos cedidas.