ConcellosManzanedaÚltima hora

Xantar de Magosto de Manzaneda, o vindeiro 8 de novembro ás 14h.

 

Como xa é tradición, a Asociación Cultural A Trabe organiza un ano máis o Xantar de Magosto de Manzaneda, unha cita para celebrar arredor da mesa unha das festas máis arraigadas na cultura e na identidade desta terra da castaña. O encontro terá lugar o vindeiro 8 de novembro, ás 14.00 horas, na nave municipal.

A asociación será a encargada de poñer a mesa cos sabores propios destas datas: empanada, chourizo cocido, costela, castañas asadas, bica e café. Pola súa banda, as persoas asistentes achegarán o servizo e a bebida, nun ambiente no que, como é costume, tampouco faltará a oportunidade de catar os viños e licores da casa.

 

 

O prezo da participación é de 15 euros por persoa. Para anotarse, cómpre contactar con Marina, presidenta da Asociación Cultural A Trave, no teléfono 660 814 442.

Desde a organización animan á veciñanza e a todas as persoas que queiran sumarse a participar nesta xuntanza, “que é moito máis ca un xantar: unha oportunidade para compartir mesa, manter vivas as tradicións, gozar das castañas e da troula na terra da castaña”, din os seus promotores.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button