A localidade de Caxide, no concello de Parada de Sil, celebra as súas festas patronais na honra de Santo Domingo. Na xornada deste sábado 2 de agosto tiña lugar o xantar popular cos veciños, entre eles o alcalde de Parada, Aquilino Domínguez; e tamén o tradicional campionato de bolos no que participan homes e mulleres.

Fotos e vídeo: Luis Baños.