
O domingo 11 de maio, a cidade das Burgas acollerá a XI edición da Andaina Cidade de Ourense. Con saída ás 9h. dende o pavillón de deportes dos Remedios, a proba propón unha ruta de preto de 30 qms. percorrendo o sendeiro periurbano da cidade (pasando por Santomé, encoro de Castadón, Santa Mariña, O Cumial, Seixalvo ou o pazo dos deportes Paco Paz) para rematar de novo nos Remedios.
A organización, a cargo do Consello Municipal de Deportes, ubicará 4 puntos de avituallamento ao longo do percorrido, cada 6-7 km. nos que se ofrecerán produtos líquidos e/ou sólidos.
As persoas interesadas (maiores de 16 anos), poden realizar a inscrición ata o día 9 de maio. O custe é de 7 euros e poderá haber ata un máximo de 500 participantes.
Na presentación, o alcalde de Ourense Agustín Fernández, animou aos veciños da cidade a participar nesta proba porque “ademais de practicar un hábito saudable, como é camiñar, permitirá disfrutar dunha parte de Ourense que seguramente moitas persoas non coñecen”.