DeportesÚltima hora

Xiana Pungín (Adas), dobre prata no Campionato de España de promesas paralímpicas de atletismo

 

Un ano máis a atleta Xiana Pungín Estévez (Club Adas Cupa) volvía subirse ao podio no Campionato de España Liberty de promesas paralímpicas de atletismo, celebrado os días 9 e 10 de marzo en Gandía (Valencia). Na cita participaban case un cento de atletas de 10 comunidades autónomas diferentes.

Nesta cita, a atleta valdeorresa con orixes na Mezquita lograba dúas pratas. Así proclamábase subcampioa nos 100 m e na lonxitude. “En 100 fixo unha gran carreira na que a piques estivo de baixar dos 14″ de non ser por un molesto vento en contra, quedando a unha centésima do ouro. En lonxitude prata tambien cunha gran marca de 4,39 mmp”, sinalan dende o Club Adas Cupa do Barco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button