A RúaConcellosÚltima horaVídeos

XIV Encontro de Pinchadiscos, animada antesala das festas de verán na Rúa

 

Dende os temas máis clásicos ata os máis bailables sen esquecer os trepidantes. O XIV Encontro de Pinchadiscos que na noite do xoves 31 de xullo abría as Festas de Verán da Rúa, serviu para facer un completo percorrido musical polos temas máis discotequeiros de todas as décadas.

 

 

Os encargados de pinchar, xente da Rúa que non falta á cita, como o seu fundador e actual responsable do apartado de festexos do Concello, José Vicente Solarat, que abría coma sempre boca; e tamén Kato, Ciri e por suposto Pimento que ademáis de pinchar poñía o prato de mezclas na súa “Pimentoneta”.

 

 

Con todo, o programa municipal das festas comeza hoxe, con pasarrúas da charanga NBA pola vila e a partir das 22:12 horas actuación da orquestra La Misión e La Gramola Discomóbil, no Aguillón.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver, salvo a última da galería e dúas verticais que son cedidas.

Back to top button