
Na mañá deste sábado 4 de outubro celebrábase no Auditorio de Ferrol (A Coruña) o Día do Adestrador, unha gala que o Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol aproveitaba para facer un recoñecemento aos adestradores de honra de fútbol, fútbol sala, fútbol praia e fútbol gaélico, entre os que estaba o valdeorrés Xocas Miranda que recollía o seu como adestrador da Preferente Futgal (Grupo Sur).
Non é o primeiro galardón que recolle o técnico nos case trinta anos que leva adestrando en fútbol sala. Comezou no Vilamartín FS, onde estivo a maior parte; varias tempadas no Pizarras Tres Cuñados FS; e uns meses no Ribeira; recalando no Vianariño FS hai dous anos e, entre os recoñecementos que lle fixeron, destacan, este mesmo pero da delegación de Ourense no 2023 e o de “mellor adestrador da Segunda División B, grupo 1, da tempada 2017/ 2018”, campaña na que o seu equipo lograba o segundo posto que lle deu o pase para disputar a Copa do Rei.

Fotos cedidas.