Na xornada do venres 14 de novembro o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá celebraba o seu particular magosto no pavillón municipal.
Alí, nenos, profesores e familias compartiron xogos tradicionais que fixeron as delicias dos cativos; e unha merenda na que non faltaban as ricas castañas asadas pero tampouco unha boa selección de doces e bebidas que degustaron todos os presentes.

Fotos e vídeo cedidos.