CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xornada de convivencia do CEIP Xosé M. Folla Respino no Bañadoiro (Vilamartín) a favor da investigación sobre a leucemia infantil

 

Apoiar a investigación sobre a leucemia infantil e dar visibilidade ao centro escolar, son os obxectivos da xornada de convivencia que a comunidade educativa do CEIP Xosé Manuel Folla Respino celebraba este venres 17 de outubro no Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras.

 

 

O acto central é unha carreira solidaria a favor da “máxima investigación para a leucemia infantil, apoiados pola Fundación Uno entre cien mil, na que interveñen tamén as familias do alumnado”, explica o director do centro. Tamén leron un manifesto para buscar máis medios para a loita contra esta enfermidade, xantaron todos xuntos e pola tarde tiveron un contacontos.

 

 

Trátase dunha actividade para dar visibilidade á comunidade educativa e “loitar por unha causa como esta e máis nun centro escolar centrado na infancia, moi importante para nós”, puntualiza, o responsable do colexio.

Comezaban cunha andaina dende o centro situado en Valdegodos e continuaban cun almorzo antes da carreira, contando coa colaboración de Protección Civil e do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

 

Back to top button