BaloncestoDeportesÚltima horaVídeos

Xornada de convivencia interxeracional de baloncesto, da man do MV Barco

 

Reunir ás diferentes xeracións que pasaron polo club e crear unha xornada de convivencia con todas as persoas que pasaron polo club. É a actividade que na xornada deste sábado 6 de setembro está a celebrar o MV Barco, con mini partidos tanto ao aire libre coma no pavillón.

 

 

“Reunimos tanto aos pequenos que esán actualmente como os que xa non están como os veteranos”, explica a responsable do club Patricia Gómez, destacando que hai partidos de familias, pais contra fillos, nenos contra nenos,… Non se trata de competir senón de xuntar ás persoas que viviron o baloncesto con nós, nun día”, di Patricia.

 

 

Pola mañá os partidos eran na praza do Concello e pola tarde serán no pavillón vello.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button