
O alumnado participante no Plan Corresponsables do Concello da Pobra de Trives, un programa de conciliación totalmente gratuíto para as familias, gozaba o pasado xoves dunha completa xornada de excursión en Ourense.
A saída incluíu unha visita ao Parque Botánico de Montealegre, unha parada nas Termas de Ourense e unha sesión de cine, combinando natureza, ocio e cultura. Ademais, o grupo fixo unha pausa para xantar e repoñer forzas, compartindo un momento de convivencia.

Desde o Concello destacan que actividades como esta contribúen “a facer do Plan Corresponsables unha ferramenta útil non só para apoiar ás familias na conciliación, senón tamén para fomentar valores de convivencia, aprendizaxe e diversión entre as crianzas participantes”.