Na mañá deste sábado 21 de xuño celebrábase no rocódromo do Concello do Barco, no pavillón municipal de Calabgueiros, unha xornada de achegamento ao mundo da escalada organizada polo Club Peña Trevinca Barco, que busca “crear base na escalada, que é unha actividade que cada vez está máis en auxe e que suscita moito interese”, comenta o presidente do Peña Trevinca, Miguel de la Cal, adiantando que a idea “é crear unha escola de escalada aquí”.
Esta iniciativa, que terá continuidade mañá, día 22 de xuño, está dirixida tanto a adultos como a mozos e nenos que queiran iniciarse nesta disciplina deportiva.

Fotos: Carlos G. Hervella.