EconomíaEconomíaVídeosViticultura

Xornada de maridaxe en Sober: Viño de Amandi con produtos das IXP Grelos de Galicia, Lacón Galego e Pataca de Galicia

 

A Escola Belarmino Fernández Iglesias de Sober acolle neste mércores 18 de marzo unha Xornada de maridaxe dos Viños de Amandi con produtos das IXP Grelos de Galicia, Lacón Galego e Pataca de Galicia, actividade organizada xunto co Concello de Sober con motivo do Mes do Amandi.

O alumnado do Centro asistiu a unha ponencia impartida por Marcos González Rodríguez, xefe da sección de promoción da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), e, a continuación, o alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e gastronomía e de Servizos en restauración ofreceron unha cata maridaxe dos viños de Amandi (D.O. Ribeira Sacra) xunto cun menú a base dos produtos das IXP Grelos de Galicia, Lacón Galego e Pataca de Galicia.

 

 

O alumnado elaborou unha sopa cos caldos obtidos da cocción de cada un dos produtos maridándoa cun Godello da subzona de Amandi, o segundo prato servido foi un tradicional lacón con grelos, pataca e chourizo que foi maridado cun Mencía xove do 2024 e cun Mencía barrica da subzona de Amandi. Finalmente, a sobremesa consistiu nunha filloa rechea de crema pasteleira.

Fotos cedidas.

 

Back to top button