
Os centros de día e residencias de maiores da provincia de Ourense do ConsorcioGalego de Servizos de Igualdade e Benestar, pertencente á rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia inician actividade no mes de setembro.
Así, o vindeiro 1, o Fogar Residencial de Vilar de Barrio e os Centros de Día de, Maceda e Xinzo de Limia organizan unha xornada de convivencia nos Milagres. A actividade busca promover a participación, o intercambio e o fortalecemento de lazos comunitarios entre as persoas usuarias dos centros de atención a persoas maiores da Xunta de Galicia.
O 10 de setembro, celebrarase unha Xornada de Portas Abertas no Fogar Residencial de Vilar de Barrio e nos centros de Día de Allariz e Maceda, a partir das 10:30 horas. Estas xornadas repetiranse o 25 de setembro no Centro de Día de Xinzo de Limia e o 26 de setembro no Centro de Día de A Rúa, horario de ambos centros a partir das 11 horas. Estas xornadas son una oportunidade para que calquera persoa interesada poda acudir libremente e recibir información, así como coñercer todas actividades que se realizan no centro.
Por outra banda, o 12 e o 29 de setembro, o Centro de Día de Xinzo de Limia e o Fogar Residencial de Vilardevós, respectivamente, celebrarán un ano mais o seu aniversario, cunha xuntanza que reunirá a usuarios, familiares e persoal do centro.
Con estas iniciativas, a rede de centros de atención a persoas maiores da Xunta de Galicia reforza o seu compromiso coa atención ós maiores, promovendo espazos de participación comunitaria e visibilizando o seu papel fundamental no benestar social.