
Ata o 21 de marzo está aberto o prazo para poder anotarse como voluntarios nunha xornada de reforestación de árbores autóctonas que se vai desenvolver no municipio de Larouco a través do programa “Actúa Voluntariado” de Afundación Obra Social Abanca.
A xornada terá lugar o 21 de marzo e consistirá na realización dunha plantación de árbores de diferentes especies autóctonas en terreos afectados polos incendios de 2025 neste municipio.
Máis información