SanidadeÚltima hora

Xornada profesional organizada por SATSE no Hospital Público de Valdeorras

 

Enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas do Barco de Valdeorras participaron neste luns 13 de febreiro, na xornada profesional, organizada polo Sindicato de Enfermería, SATSE, no Hospital Comarcal de Valdeorras, para abordar dous asuntos “prioritarios e fundamentais para a sanidade e os seus profesionais, como son lograr a xubilación anticipada voluntaria e a reclasificación profesional no Grupo A, sen subgrupos”, tal e como destacan dende esta organización.

A xornada contaba na súa inauguración coa presenza de Asunción Maus, secretaria provincial de SATSE en Ourense, e dos relatores da xornada, Ana Belén Vázquez e Manuel Fariñas, que realizaron unha análise detallada e exhaustiva da actual situación de dúas reivindicacións que, “ademais de supoñer un claro beneficio para os profesionais, conlevan unha mellora na atención que se presta aos pacientes e ao conxunto da cidadanía”.

 

 

A xornada abordou, por unha banda, “a problemática existente ao non poder as enfermeiras e fisioterapeutas pertencer ao Grupo A, cando son titulados universitarios de Grao, do mesmo xeito que outros compañeiros e compañeiras que traballan no noso sistema sanitario e noutros ámbitos profesionais que si teñen esta clasificación profesional. Na actualidade, as enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas atópanse no Grupo A2”, segundo SATSE, que considera que se trata “dunha situación inxusta e discriminatoria que imposibilita que estes profesionais sanitarios poidan acceder a determinados postos relacionados coa xestión e dirección de alto nivel (directivo ou xerente de centros sanitarios, por exemplo), nin a grupos de investigación e docencia”.

Os expertos e profesionais presentes nesta xornada coincidiron “na urxente necesidade de que o Goberno modifique o artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) para eliminar a vixente división en subgrupos A1 e A2 no Grupo A, e que todos os titulados universitarios, caso das enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas, pertenzan ao Grupo A, sen subgrupos”, tal e como apuntan dende este sindicato.

Doutro lado, a xornada tratou as consecuencias que teñen para “a saúde e benestar integral das enfermeiras e enfermeiros as perigosas e tóxicas condicións laborais que sofren ao longo de ata 40 anos de traxectoria profesional”, indica SATSE.

Artigos relacionados

Back to top button