
No marco da celebración do Día Mundial da Auga, o vindeiro 22 de marzo, o Grupo Español da Asociaciación Internacional de Hodroxeólogos, vén de escoller o Concello de Parada de Sil para as súas actividades o día 21 sábado. Levarán a cabo unha xornada de estudo e coñecemento baixo o título de “Hidroxeoloxía do Canón do Sil-Interacción de augas superficiais e subterráneas no entorno do Canón do Mao”.
A xornada consta de actividades gratuítas guiadas por hidrodólogos e abertas a todo tipo de público e levarán acabo unha ruta andando polo Cañón do Mao, explicando a relación entre augas superficiais e subterráneas. A ruta pretendese que remate en torno ás dúas e media. O punto de encontro pola maña será no parking de San Lourenzo de Barxacova.
As inscripcións poden realizarse en www.aih-ge.org/hidrogeodia-2026