EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre o novo regulamento de seguridade contra incendios en establecementos, no Barco

 

O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) celebrará no Barco de Valdeorras, en colaboración con AEVA, a xornada “Seguridade Contra Incendios nos Establecementos Industriais de Galicia”, dirixida ao tecido empresarial e orientada a explicar os principais cambios do novo Regulamento de Seguridade contra Incendios en Establecementos Industriais (RSCIEI).

A actualización normativa introduce novidades na valoración do risco, as medidas de protección e as responsabilidades de titulares, proxectistas e mantedores, así como nas inspeccións obrigatorias. A xornada incluirá unha exposición técnica e unha mesa redonda para resolver dúbidas.

Este evento forma parte do ciclo de xornadas financiado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Contidos principais: introdución á normativa, presentación do RSCIEI 2025, impacto previsto, casos prácticos e debate final.
Data: Luns, 24 de novembro de 2025

Hora: 10:00–12:00 h

Lugar: Salón de actos dá Casa Grande de Viloira (O Barco)
Relatoras: Representante dá Consellería de Economía e Industria e José López Padrón (CGETI)
Inscrición: 👉 https://www.coitivigo.es/jornada-incendios-cgeti-nov25-valdeorras

Back to top button