
Entre os atletas que na pasada fin de semana participaban na xornada técnica do Sector de Marcha da Federación Galega de Atletismo (FGA), baixo a dirección da súa responsable Mayka Jueguen e da colaboración de José Angel Rodríguez, estaban os valdeorreses Mateo Valcarce e Paula Cela, ambos do Club Adas Cupa do Barco.

Esta xornada técnica desenvolvíase o sábado, 20 de decembro, nas instalacións universitarias da USC e no seu decurso tratábanse diversos aspectos relacionados ca modalidade.
Fotos: FGA.
