
O Centro Tecnolóxico da Pizarra de Galicia, en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), acollerá o vindeiro venres 24 de outubro unha “Xornada técnica sobre seguridade e saúde no sector da lousa”, cun programa que se desenvolverá durante a mañá coa presenza de diversos relatores e autoridades.
