A Casa dos Poetas de Celanova acollía o día 25 de abril de 2025, ás 20.00 horas a presentación da segunda parte da súa triloxía “Banu Marwán: a estirpe do galego” titulada “Entre a vontade e o destino”.
Trátase dun relato histórico que transcorre na Galicia e na Hispania dos séculos VIII e IX e cuxo protagonista é un personaxe real, o muladí Muhammad ibn Marwán, ‘O Galego’, fundador de Badallouce [actual Badajoz] e o primeiro señor en levar colonos galegos ao val do Ellas.
Neste acto o autor estaba acompañado do escritor e patrón desta entidade, Xosé Benito Reza, e do escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte. Nesta presentación abordábase tanto tamén sobre a historia e o uso actual do galego no val de Ellas en Estremadura onde é falado en tres localidades.
Fotos cedidas.