OurenseÚltima hora

Xosé Manuel del Caño presenta en Parada de Sil o libro “Queda moito que sachar” e a triloxía da que forma parte

 

O salón de plenos do Concello de Parada de Sil acollía a presentación do libro libro “Queda moito que sachar”, que forma parte da triloxía que o escritor Xosé Manuel del Caño fixo sobre grandes artistas e escritores da literatura galega. Os outros dous volumes son Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias e Osos de Santo. Os tres publicados por Edicións Embora do Ferrol.

O acto tamén contaba coa presenza do xornalista Lalo Pavón, do alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; e do concelleiro de Cultura, Paco Magide.

No primeiro volume, “Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias”, narra unha situación surrealista na casa de Ánxel Fole, no ano 1986: “Un amigo pediulle a outro que lle pegara un tiro, cunha pistola que tiña agachada, si o vía nunha situación semellante á que acababan de vivir”. Sen desvelar máis aspectos sobre ese encontro, pola necesidade de ir ao libro para ler con calma o que alí pasou. Os tres volumes falan sobre a fascinación que sinte X. M. del Caño por grandes autores da literatura galega e artistas, despois de convivir con eles durante catro décadas. Axudan a que o lector poida coñecer máis a fondo como son ou como eran, dende o punto de vista humano, “tocarlle a pel e sentarse á súa mesa”.

O terceiro volume, “Queda moito que sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos”, del Caño, rememora “tempos heroicos, nos que se fixo todo, con case nada”. Había “unha grande precariedade de medios”.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button