OurenseÚltima hora

Xunta Local de Seguridade en Maceda

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, copresidía esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Concello de Maceda xunto á alcaldesa, Uxía Oviedo.

Na Xunta Local de Seguridade participaron tamén representantes da Xunta; da Garda Civil; do Concello e da Policía Local para repasar as estatísticas de criminalidade, o seguimento dos casos de violencia de xénero e o Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas.

Eladio Santos felicitou ás Forzas e Corpos de Seguridade polo seu traballo e destacou que os datos de criminalidade reflicten unha evolución sostida este ano en relación cos anteriores, nuns niveis de seguridade que demostran a boa convivencia no concello.

Respecto ao Plan Director, a Garda Civil impartiu 11 charlas nos centros educativos durante o curso pasado, ás que acudiron 447 alumnos e alumnas. As principais temáticas foron ciberacoso, violencia de xénero e seguridade viaria.

Back to top button