
O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibía esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel a un grupo de antigos alumnos do Seminario Menor de Ourense pertencentes ao curso de 1961, que celebraron unha nova edición da súa tradicional xuntanza anual.
Durante o encontro, Rosendo Fernández deulles a benvida en nome da Deputación de Ourense e destacou “a importancia de conservar estes vínculos de amizade e pertenza, mantidos ao longo de máis de seis décadas e por riba da distancia”.
Os integrantes do grupo, todos eles naturais da provincia de Ourense, tiveron que trasladarse a diferentes puntos de España ao abandonar o Seminario para desenvolver as súas respectivas traxectorias profesionais. Agora, xa xubilados, aproveitan o mes de agosto para regresar á súa terra e compartir unha xornada de convivencia e lembranzas.

A recepción institucional formou parte do programa organizado polo grupo para este ano, que incluíu unha visita ás exposicións vixentes no Centro Cultural Marcos Valcárcel, con especial incidencia na biblioteca e na exposición permanente de trens da Colección Fernández-Pacheco Outeiriño (COFEPO), un fondo de máis de 4.000 pezas en miniatura que repasa la historia del ferrocarril, tal e como lles explicou Rosendo Fernández, quen agradeceulles que escollesen este emblemático espazo da Deputación para celebrar unha parte da súa xornada e desexoulles que continúen mantendo durante moitos anos esta tradición de amizade e reencontro.