ConcellosO BarcoÚltima hora

Xuntanza de alumnos da promoción 89/90 do Colexio Divina Pastora do Barco

 

Un grupo de antigos alumnos da promoción 1989/90 do Colexio Divina Pastora do Barco reencontrábase neste sábado 27 de decembro. Eran unhas 31 persoas, dun conxunto de 61 que lograban volver a contactar despois de décadas de deixar as aulas. Reuníanse para compartir un xantar no Restaurante Fernando III do Barco.

 

 

A iniciativa estaba promovida por Carmen Vidal e Bea Delgado, que fixeron un gran esforzo para tratar de contactar cos antigos compañeiros “e estámolles moi agradecidos”, din os asistentes, así como a Marcos García, que se encargaba da parte do restaurante.

A experiencia foi tan positiva que xa pensan en repetir, de feito, teñen en mente outra reunión de cara ao verán.

Fotos cedidas.

 

Imaxe dunha excursión na etapa na que estaban no Colexio Divina Pastora./ Cedida.
Back to top button