OurenseÚltima hora

Xuntanza do subdelegado do Goberno coa presidenta do Colexio da Avogacía de Ourense

Tamén se reunía coa representante en Ourense da plataforma nacional Pasarela ao RETA e Quenda de Oficio, Aline Castro

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantiña neste 1 de outubro unha xuntanza coa presidenta do Colexio da Avogacía de Ourense, Margarita Caneiro, e coa representante en Ourense da plataforma nacional Pasarela ao RETA e Quenda de Oficio, Aline Castro.

Durante a súa visita trataron temas de relevancia para as devanditas representantes, nos que o Goberno de España traballa para darlles solución, tales como o mecanismo que impulsa o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións para permitir aos profesionais colexiados transferir á Seguridade Social os dereitos económicos acumulados mediante as aportacións realizadas para cumprir a función alternativa ao RETA. Tamén se ocuparon da situación e reivindicacións dos profesionais que traballan na quenda de oficio, moitos dos seus problemas vencellados á xestión da Xunta de Galicia.

Back to top button